martes. 01.12.2020 |
El tiempo
martes. 01.12.2020
El tiempo

As Anpas Galegas advirten das dúbidas sobre a ventilación nas aulas

As asociacións piden un protocolo para a tempada invernal

A Confederación Anpas Galegas advertiu este luns das dúbidas entre as familias e entre os centros para levar a cabo as medidas de ventilación de espazos, especialmente aulas, neste contexto de baixas temperaturas e a proximidade da época invernal.

A asociación advertiu de que as condicións meteorolóxicas xa se están notando entre o alumnado e os propios centros, dado que os pequenos "empezan a ter síntomas que poden ser similares" á sintomatología por covid-19.

É por iso que piden á administración galega que ofreza instrucións tanto para evitar "confusións" e "ausencias" de alumnado ou activacións do protocolo pola pandemia innecesarias como de posibles alternativas para renovar o aire nos espazos educativos no caso de non poder abrir fiestras.

Nun comunicado, Anpas Galegas apela a non "deixar un problema tan grave en mans dos centros", para evitar que empeore a saúde dos estudantes.

As Anpas Galegas advirten das dúbidas sobre a ventilación nas aulas
comentarios