Animalistas piden que os militares patrullen os montes para protexer ao lobo

A Asociación Libera cre que a caza furtiva ou os supostos atropelos accidentais están detrás dos riscos a unha especie "con status especial" 
2020071011290278543
photo_camera Un lobo. ARQUIVO

A Asociación Animalista Libera solicitou que a Brigada Galicia VII con acuartelamento en Pontevedra, e a Unidade Militar de Urxencias (UME), coa súa base máis próxima en San Andrés de Rabanedo, León, patrullen os montes para protexer ao lobo en Galicia.

A presenza de militares no rural galego contribuiría, consideran os conservacionistas, "a xerar unha menor sensación de impunidade ante os desmáns", ao indicar que a caza furtiva ou os supostos atropelos accidentais están detrás dos riscos a unha especie "con status especial". 

"Que existe unha guerra soterrada contra o lobo ibérico en Galicia non o discute ninguén e que este odio cara ao cánido salvaxe é instigado case a diario por sectores agrogandeiros e procaza é unha evidencia que require respostas contundentes por parte das administracións públicas para garantir a súa pervivencia", indican nun comunicado.

Cun plan galego de xestión do lobo que para Libera "só existe sobre o papel e sen censos actualizados", este colectivo animalista puxo sobre a mesa a activación dos efectivos militares para tarefas de protección da biodiversidade.

Os animalistas consideran que o anuncio e presenza de patrullaje militar, "en zonas especialmente afectadas por estas pseudoinformaciones que buscan criminalizar ao lobo ibérico", pode funcionar "para previr novos episodios de caza furtiva ou os supostos accidentes fortuítos".

Para os responsables de Libera, "detrás da crítica constante ao comportamento natural dos cánidos está o obxectivo do seu exterminio total na comunidade, un animal que parece importunar a gandeiros que xamais protexen o seu gando e non se gastan nin un céntimo en medidas preventivas mentres cultivan axudas da Política Agraria Común, ou aos cazadores, ávidos de obter un trofeo de batida". 

Comentarios