Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, en corentena

Vese obrigada a illarse por contacto cun positivo en coronavirus e atópase ben
 
La conselleira de Medio Ambiente, Territorio y Vivienda, Ángeles Vázquez. EFE
photo_camera A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez. EFE

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles, deberá gardar corentena por manter contacto cunha persoa diagnosticada con covid-19.
 
Fontes da Xunta consultadas por Europa Press ratificaron que a conselleira se atopa ben, pero ten que gardar corentena. Este luns á primeira hora Vázquez anulou toda a súa axenda pública. 

"Por contacto cunha persoa positiva en coronavirus, debo gardar a corentena antes de retomar a miña axenda pública", trasladou na súa conta da rede social Twitter. 

Vázquez é a segunda conselleira do Executivo autonómico que se ve obrigada a illarse por contacto cun positivo en coronavirus. 

Previamente, o pasado mes de setembro, foi o titular de Educación, Román Rodríguez, o que anunciaba que tiña que gardar corentena tras o contacto cun positivo na súa contorna persoal.