Ana Pontón: "O ano termina, unha vez máis, coa Atención Primaria colapsada"

A líder do BNG sinala que está pendente o novo modelo de residencias que cambie un sistema que "fai negocio da vellez"
Ana Pontón. BNG
photo_camera Ana Pontón. BNG

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, valorou a mensaxe de fin de ano do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóoque destacou que a covid-19 segue condicionando e que quedan obstáculos, e aínda que compartiu esa reflexión, tamén a dunha atención primaria colapsada e uns profesionais exhaustos.

A líder da oposición en Galicia explicou, vía comunicado, que 2021 acaba coa crise sanitaria aínda alterando as vidas, pero, ademais, "o ano termina, unha vez máis, coa Atención Primaria colapsada porque Feijóo non fixo nada por reforzala, cando as e os profesionais sanitarios están exhaustos e precisan algo máis que boas palabras".

Lamentablemente, prosegue, "vemos como a Atención Primaria está contra as cordas porque non ten máis recursos, senón que ten menos que cando Feijóo chegou ao goberno, a pesar da pandemia. E un ano máis vemos que os problemas cos que empezamos non se solucionan, senón que se agudizan".

Pontón comenta a Feijóo que o primeiro paso para solucionar os problemas é admitir que existen, en lugar de negalos, porque os traballadores atópanse "ao bordo das súas forzas", pero aparte hai emigración xuvenil, está pendente o novo modelo de residencias que cambie un sistema que "fai negocio da vellez" ao apostar pola dignificación, e "nada se sabe" do destino dos fondos Next Generation.

Con todo, a portavoz nacionalista opta polo optimismo e a confianza para o tramo final, porque saber bregar contra a adversidade é "a mellor base" para encarar o 2002 co desexo e a confianza de que sexa un mellor ano para todos.

Todo isto cóntao desde a súa casa natal, en Sarria, desde a que agradece o "enorme esforzo" de todos os que nos seguen coidando".

Comentarios