domingo. 29.03.2020 |
El tiempo
domingo. 29.03.2020
El tiempo

Pontón anima a soñar nunha Galicia liderada por unha muller nacionalista

A portavoz nacional do BNG foi presentada como candidata á presidencia da Xunta nun acto no que reivindicou que 2020 é o ano "do cambio galego" ► O local quedou pequeno e decenas de persoas quedaron ás portas, onde a nacionalista tamén falou para eles

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, foi presentada este domingo como candidata da súa formación á presidencia da Xunta nas eleccións que se celebrarán este ano, e foi nun acto multitudinario no que convidou a soñar cun Goberno galego que teña á fronte unha muller nacionalista por primeira vez na historia. Así as cousas, quixo lanzar unha mensaxe de ilusión aos posibles votantes: "Este 2020 vai ser o ano do cambio galego", dixo, no "que deixar atrás esta década gris e abrir un tempo novo da man do BNG".

Centos de militantes e simpatizantes do Bloque congregáronse no Auditorio Abanca de Santiago, onde moitos quedaron ás portas ao encherse o recinto. A eles se dirixiu tamén Pontón —micro en man e subida a unha caixa— nunha improvisada intervención.

Ana Pontón, lanza su candidatura a la XuntaNo acto, a líder do Bloque deixou claro que é "consciente" de que o "reto que temos entre mans é lograr unha auténtica revolución: conseguir unha muller e unha nacionalista como presidenta da Xunta de Galicia". Unha mensaxe que quere "facer chegar a todos lados" co "corazón e a mente aberta e con argumentos para convencer". 

Presentouse así como a candidata "que sabe que o desenvolvemento económico e social non pasa por submisión en Madrid", senón por maior capacidade de autogoberno desde Galicia. Unha idea que contempla o BNG, o partido que dixo que representa "o nacionalismo do século XXI, que mira o futuro sen esquecer a súa historia". A partir de aí, Pontón convidou a todos os galegos que queiran "un cambio de rumbo" a formar parte do proxecto "solvente, autocentrado, inclusivo e capaz de gobernar".

"Galicia está farta dese bucle ao que condenan PP e PSOE e necesita unha presidenta nacionalista que non obedeza a ninguén máis que aos galegos", defendeu 

BIPARTIDISMO. Una das súas máximas é "derrotar o Partido Popular", pero tamén asegura que "as seguintes eleccións non van de cambiar un presidente" para poñer outro "un pouco máis progre, pero de igual submisión", en referencia ao socialista Gonzalo Cabellero. Ao xuízo da candidata do BNG, non se trata de alternar un "bipartidismo que o que significa para Galicia é marxinalización e agravio". "Galicia está farta dese bucle ao que condenan PP e PSOE" e o que necesita é "unha presidenta nacionalista que non obedeza a ninguén máis que aos galegos e ás galegas", defendeu. 

Desde a perspectiva de Pontón, a nación "non funciona" con responsables da Xunta "en mans de forzas políticas españolas" nin con "un presidente como Feijóo, instalado na incompetencia e na mentira" que agora que "sabe que o BNG está a subir como a espuma" compórtase como un "pitufo rosmón, sempre enfadado". 

As críticas ao actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, non acabaron aí, xa que a candidata nacionalista lembrou na súa intervención a noticia que supón a reapertura do paridoiro de Verín e a contratación de novos pediatras, unha decisión que ve froito da "resposta social masiva" que "evidenciou que todo era unha gran mentira do PP", que segue a "política da confrontación".

Acto coral
Pontón estivo arroupada sobre o escenario na súa presentación como candidata por varios representantes da sociedade civil de Galicia, desde trabajadores da industria a personalidades culturais ou mozos investigadores. Especialmente aplaudida foi a intervención do doutor Eugenio Quintas, médico no Hospital Comarcal de Verín, que folaou apenas unhas horas despois de que a Xunta anunciase a intención de reabrir, dous meses despois de ordenar o peche, o paridoiro e as urxencias pediátricas.

Outras voces
Tamén soaron no auditorio as voces do ex reitor da Universidade de Vigo Salustiano Mato, da escritora Ana Cabaleiro; da activista feministra trans Daniela Fernández; do mozo investigador Adrián Cordido ou de Alfonso Mouzo, traballador de Ferroatlántica.

Preocupacións
A través das súas palabras trasladaron á candidata e a todos os presentes as preocupacións dos diferentes ámbitos da cultura, a ciencia, o activismo, a industria, a medicina ou as universidades.

Pontón anima a soñar nunha Galicia liderada por unha muller...
Comentarios