miércoles. 27.01.2021 |
El tiempo
miércoles. 27.01.2021
El tiempo

Os usuarios de residencias afectados por covid descenden ata os 405

O Asilo de Vilalba continúa como o centro con maior número de casos cun total de 117. MARÍA ROCA
O Asilo de Vilalba continúa como o centro con maior número de casos cun total de 117. MARÍA ROCA

O Asilo de Vilalba continúa como o centro con maior número de casos cun total de 117

Un total de 37 altas concedidas nas últimas horas fixeron que o número de usuarios de residencias afectados pola pandemia baixe a 405, 29 menos que no anterior balance.

Así figura no último balance ofrecido pola Consellería de Política Social este mércores, no que contabiliza un total de 405 casos de covid-19 activos entre usuarios de centros de maiores. 

Entre as novidades destacan os 7 positivos detectados na San Antonio de Beariz, onde aumentan a 22 os usuarios afectados. Tamén hai un novo positivo entre os residentes do xeriátrico San José de Narón, que ata este mércores carecía de casos covid entre os seus usuarios. 

Por contra, saen do cómputo un total de 37 usuarios, 21 deles da residencia DomusVi de Ribadumia, que queda con outros tantos casos activos entre os seus residentes. Tamén presentan baixas os centros DomusVi Coruña de Oleiros (2), A miña Casa de Ferrol (1), Santa Olalla de Boqueixón (6), DomusVi Monforte (2), Nosa Señora da Saúde da Peroxa (1), A Saleta de San Cristovo de Cea (3) e Salvaterra de Miño (1). 

Así mesmo, tamén deixan de figurar no cómputo un home de 73 anos e unha muller de 90 que faleceron nas últimas horas en hospitais da comunidade. Ambos eran usuarios de residencias, o home de San Salvador de Guntín e a muller da CRAPD II de Vigo. 

Así as cousas, o Asilo de Vilalba continúa como o centro con maior número de casos cun total de 117, seguido por DoralResidencias de Mos, onde hai 100 residentes afectados. Despois figuran a residencia Pontevedra de Vilaboa con 29; Vila do Conde de Gondomar e San Antonio de Beariz, ambas con 22; e as residencia de San Cibrao en Cervo e a DomusVi Ribadumia, nas que hai 21 casos, respectivamente. 

Por baixo dos 20 casos sitúanse a Ballesol de Vigo con 11 casos, a CRAPD Vigo II con 10 e a Residencia San Salvador de Guntín con 9. Na residencia de Salvaterra de Miño hai oito positivos, os mesmos que na Vivenda Comunitaria Remanso de Paz da Fonsagrada. 

Pola súa banda, a residencia Santa Olalla de Boqueixón deixa de ter casos activos ao recibir o alta os últimos 6 usuarios que permanecían contaxiados. 

Tanto a residencia Nosa Señora das Virtudes de Pontedeume como os apartamentos tutelados de Beariz manteñen cinco contaxios; tres na Saleta de San Cristovo de Cea e na Nosa Señora dos Anxos de Ribadavia. 

Ademais, con dous casos cada unha están Nosa Señora dos Milagres de Barbadás e Divina Pastora de Vilagarcía de Arousa. Finalmente, mantense un caso activo na residencia San José de Narón, Maiores Caranza-Ferrol, O Casón de Moeche, As Fragas de Pontedeume, Residencia de Monforte, A nosa Señora da Saúde da Peroxa, Residencia Irmáns Prieto do Carballiño, Os Gozos de Pereiro de Aguiar, Nosa Señora Valvanera de Cambados, Vivenda Comunitaria A Palmeira 4 e CRAPD Vigo I.

194 TRABALLADORES INFECTADOS. Por outra banda, o cómputo de traballadores de centros de maiores con PCR positiva cae este mércores ata os 194, tras as altas de dous empregados da Ballesol de Oleiros, un da miña Casa de Ferrol, dous traballadores dos Milagres de Barbadás, dous da Saleta de San Cristovo de Cea, un de Nosa Señora de Valvanera de Cambados e 13 da residencia de Salvaterra de Miño. 

Por outra banda, detectáronse novos positivos nun traballador da miña Casa de Ferrol e nun empregado da CRAPD I de Vigo. 

O centro galego con máis traballadores afectados son a residencia Asilo de Vilalba e As Fragas de Pontedeume, ambas con 19 positivos no seu persoal. En Nosa Señora dos Milagres hai 18 empregados afectados e en DomusVi Ribadumia, 17.

CENTROS DE DISCAPACIDADE. En canto aos centros de discapacidade da comunidade, na última xornada non se detectou ningún novo positivo nin entre os usuarios nin nos seus persoais. Si se produciron dúas altas: a dun usuario da DomusVi Bóveda e dun traballador do centro Aspanaes nas Pontes. 

Con iso, permanecen afectados 29 usuarios, dos que 18 están na San Vicente Paúl de Lugo, 10 en Doralresidencias de Mos e dúas na DomusVi Bóveda. Tamén hai 12 traballadores con PCR positiva, dos que seis están en Doralresidencias de Mos. 

Os usuarios de residencias afectados por covid descenden ata os 405
comentarios