Alfonso Rueda avanza "máis aforamento e horario" para o lecer nocturno

A Xunta negociará esta mesma semana co sector os novos protocolos, que poderían entrar en vigor en outubro
Una discoteca. EFE
photo_camera Una discoteca. EFE

O vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, avanzou que esta mesma semana convocarase ao sector do lecer nocturno para poder abordar o protocolo que lles permita contar con máis "aforamento" e "máis horario" xa a partir de outubro se é posible. 

En declaracións aos medios, Rueda recordou o compromiso do Goberno autonómico de "perfilar un protocolo" para poder ofrecelo ao sector, algo no que se avanzou, dixo, na reunión do comité clínico deste martes. 

"E se chegamos a un acordo, que eu penso que si, empezar a aplicalo no mes de outubro", apuntou Rueda, quen non concretou detalles de posibles requisitos pero que en días pasados deslizou a posibilidade de incorporar o certificado covid ao protocolo, despois do aval recibido polo Tribunal Supremo (TS) ao seu uso en determinados contextos. 

O vicepresidente primeiro sinalou que esta semana se reunirá a Xunta co lecer nocturno co obxectivo de pechar "o novo sistema de funcionamento, que vai ter uns requisitos e vai permitir máis aforamento e máis horario" e espera poder aplicalo en outubro. 

"E volver tamén á normalidade nun sector que estivo especialmente prexudicado, que non puido traballar durante moitos meses e que merece empezar a traballar canto antes", remarcou. 

Comentarios