Alexandra Fernández afea a Podemos tras as declaracións de Errejón sobre a Constitución

A deputada de En Marea acusa á formación morada de "aliñarse co discurso das elites da Transición"

La diputada Alexandra Fernández. AEP
photo_camera A deputada Alexandra Fernández. AEP

A deputada de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, censurou ao candidato de Podemos á Presidencia da Comunidade de Madrid e deputado no grupo confederal, Íñigo Errejón. Así, reprochoulle as súas declaracións sobre o pacto constitucional. 

Errejón, nunha entrevista en Telemadrid, recollida por Europa Press, desculpouse coas persoas das xeracións anteriores que se sentiron "ofendidas" coas mensaxes de borrón "e conta nova" sobre o pacto constitucional de 1978 que poidan interpretar do seu partido. Neste sentido, dixo que a verdadeira proposta do seu partido era "actualizalo a 2018, non facer revisión histórica". 

Este martes, na súa conta persoal de Twitter, a deputada de En Marea reprobou este pronunciamento e recordou que a formación morada, así como os principios nos que se asentan as candidaturas de confluencia, fano na "creba democrática" como impulsou o propio Xosé Manuel Beiras (Anova) como un dos referentes das candidaturas de unidade. 

"Seica Podemos estaba de broma cando falaba de creba democrática. Aliñarse co discurso das elites da Transición: iso si que merecía unha desculpa, tanto co 15-M coma cos pobos que loitan por rachar os candados do R78. Van camiño de converterse no seu freo", escribiu na súa conta persoal desta rede social. 

Comentarios