Alerta laranxa no litoral de Pontevedra e A Coruña este domingo

Espéranse ondas de ata seis metros

La comarca de A Mariña está en alerta naranja por viento y fuerte oleaje. ANTONIO LÓPEZ
photo_camera Ondada na Mariña. ANTONIO LÓPEZ

A alerta laranxa no litoral de Pontevedra e A Coruña activada este sábado pola Xunta de Galicia manterase ata media tarde do domingo, ante a previsión de que se alcancen ondas de entre 5 e 6 metros de altura, con situación complicada por mar de fondo.

A situación meteorolóxica adversa derívase dunha profunda borrasca situada ao sur de Groenlandia que formará ondas de máis de 5 metros que chegarán á costa galega.

Tanto no litoral de Pontevedra como da Coruña manterase activa a alerta laranxa ata as 18.00 horas. Desde esta hora ata as 24.00, pasarase a nivel amarelo por ondas do oeste de 4 a 5 metros.

En canto á Mariña lucense decretouse o nivel amarelo durante todo o día por ondada do oeste entre 4 e 5 metros.

Comentarios