Alejandro Sanz estrea o vídeo gravado en Ourense

Alejandro Sanz está de estrea. Este luns presenta o vídeo do seu novo tema Un zombie a la intemperie, o primeiro single do seu un novo traballo e que, ademais, gravou en Ourense.

O músico madrileño pon en marcha hoxe a conta atrás da saída do seu novo álbum, logo dos tres anos de seca que seguiron a La música no se toca.

O vídeo está protagonizado polas actrices Inma Cuesta e Marta Etura e na súa gravación, no mosteiro de Oseira, a Deputación ouresana colaborou cunha cantidade próxima aos 5.000 euros.

Estréase apenas uns días despois do lanzamento do polémico clip de Enrique Iglesias, para o que a Xunta achegou máis de 300.000 euros e que apenas inclúe unhas escenas panorámicas de paisaxes da comunidade.

Comentarios