Afundación levará actividades culturais e de educación financeira a máis de 120.000 escolares

A programación inclúe máis de 210 funcións de sete espectáculos que gozarán alumnos de Vigo, Pontevedra, Ourense, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo

Presentación de la conferencia 'Educando con magia'. PEPE FERRÍN (AGN)
photo_camera Presentación da oferta de actividades para escolares de Afundación. PEPE FERRÍN (AGN)

Afundación, a Obra Social de Abanca, presentou este xoves en Santiago a súa proposta de actividades escolares para o curso 2018/2019, centradas na cultura, os valores interxeracionais e a educación financeira e que buscan chegar a máis de 120.000 escolares de toda Galicia. Así o indicou en rolda de prensa o director xerente de Afundación, Pedro Otero, xusto antes de que un grupo de 50 escolares tomase parte dunha actividade promovida pola entidade, que busca educar a través da maxia

A programación deseñada por Afundación, dixo Pedro Otero, promove "competencias transversais" e busca potenciar nos nenos valores como o talento, a autonomía, a solidariedade, a creatividade, a autoestima ou o traballo en equipo.  A oferta desenvólvese en tres ámbitos: a cultura, os proxectos intergeneracionales vinculados ao envellecemento activo e o programa de educación financeira en colaboración con Abanca. 

Inclúe un ciclo de cine submarino, organizado en colaboración coa Universidade de Vigo

Ademais, Afundación continúa co programa iniciado no curso anterior, 'Educación século XXI', un ciclo de conferencias que teñen como obxectivo crear un marco para a reflexión sobre o labor e os retos aos que se enfrontan pais e nais, profesores e estudantes na educación actual. Dentro das iniciativas deseñadas para o ámbito cultural hai representación de artes escénicas, coa programación de máis de 210 funcións de sete espectáculos que levarán a escolares de Vigo, Pontevedra, Ourense, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. 

Asímismo, a proposta cultural de Abanca inclúe un ciclo de cine submarino, organizado en colaboración coa Universidade de Vigo, no que os estudantes poderán ver Planeta Azul II: Costas, un documental elaborado pola BBC, e Secretos da marea, un curto sobre a riqueza biolóxica dos mares de Galicia. 

Afundación pon a disposición dos centros escolares, ademais, 90 guías didácticas adaptadas ao currículo escolar

En relación ás artes plásticas, deseñáronse distintos proxectos expositivos nas sedes de Afundación, adaptados ás diferentes idades. Entre eles, a sede da Coruña acollerá Sonoro empeño. A música nas coleccións Abanca e Afundación; a de Pontevedra terá Da razón de Goya aos monstros de Dalí, e en Santiago poderase ver Alzheimer, camiño da memoria

Do mesmo xeito, A fronteira infinda. Artistas galegos e emigración estará na sede de Afundación de Lugo e en Ferrol poderase ver Fotógrafos da Natureza. En Vigo mostrarase o proxecto Terras de Salitre. Cristina Mittermeier e en Ourense a mostra Marcelo Macías.

A Obra Social de Abanca pon a disposición de estudantes de Secundaria entradas gratuítas para concertos de música clásica

GUÍAS DIDÁCTICAS. Afundación pon a disposición dos centros escolares, ademais, 90 guías didácticas adaptadas ao currículo escolar, que pretenden ser un "reforzo das súas programacións" a través de ferramentas "orixinais". 

No campo da música, a Obra Social de Abanca apostará por Quedamos no palco, quedamos coa clásica, que pon a disposición de estudantes de Secundaria entradas gratuítas para concertos de música clásica.  Ademais, a entidade conta en Santiago coa Biblioteca Infantil e Xuvenil, que organiza distintas actividades de animación lectora. As propostas compleméntanse con Naturnova, o centro interactivo de educación ambiental de Afundación en Vigo, que recibiu o pasado ano a máis de 6.000 estudantes.

Un novo programa porá en contacto a alumnos con persoas de distintas xeracións, que lles explicarán como foi a súa experiencia educativa

PROGRAMAS INTERXERACIONAIS. Vinculado ao envellecemento activo, a entidade porá novamente en marcha o programa Fálame da Emigración, no que maiores voluntarios e estudantes de toda Galicia dialogarán sobre as experiencias na emigración. 

Para seguir fomentando este intercambio de experiencias interxeracionais, Afundación, xunto ao IES Francisco Aguiar de Betanzos, deseñou un novo programa que se porá en marcha desde xaneiro e que, baixo o nome 'Falamos da escola', porá en contacto a alumnos con persoas de distintas xeracións, que lles explicarán como foi a súa experiencia educativa. 

Finalmente, tamén este curso levará adiante a iniciativa de educación financeira, que busca que os estudantes comprendan a importancia da xestión adecuada do diñeiro, así como que coñezan conceptos básicos financeiros do seu día a día.  O programa inclúe actividades como o Grand Prix Financeiro, a representación da obra de teatro Dos contos ás contas e as conferencias Preparados para dar o salto, nas que estudantes de ESO e Bacharelato achéganse ás finanzas de forma lúdica.

Afundación iniciou en 2017 o ciclo de conferencias 'Educación século XXI', un programa que pretende difundir as últimas novidades en formación e ensino, así como reunir á comunidade docente, pais e alumnos.  O novo curso desta iniciativa, na que xa participaron 3.700 persoas, inaugurouse este xoves cunha conferencia en Santiago a cargo do docente Xuxo Ruíz, que analiza a maxia como ferramenta pedagóxica. 

Comentarios