Os afectados pola explosión de Tui denuncian atrasos nas axudas

Celebrarán unha manifestación o vindeiro sábado

Efectos de la devastación en Tui. SALVADOR SAS (Efe)
photo_camera Efectos da devastación en Tui. SALVADOR SAS (Efe)

A plataforma de afectados pola explosión pirotécnica ocorrida o mércores 23 de maio en Paramos, en Tui, denunciou que se está atrasando "todo" o relativo ás axudas que precisan, polo que solicitou permiso para convocar unha manifestación este sábado na localidade e unha delegación do colectivo acudirá este mércores pola tarde ao Parlamento de Galicia.

Así o comunicaron os veciños na súa primeira rolda de prensa como colectivo, na que esixiron "que se axilice" a tramitación das axudas; que se engadan máis subvencións (que inclúan vehículos e o rebo) e se incrementen as contías; que se lles facilite atención psicolóxica mantida no tempo; e "que todas as administracións se impliquen ao mesmo nivel".

Tamén pediron axilidade ás aseguradoras e puxeron o foco de atención nas dificultades para reacoller aos afectados: "Estamos a meternos onde podemos". Neste marco, un dos veciños resumiu que o ocorrido en Paramos "foi un feito excepcional e -necesitan- medidas excepcionais, de urxencia, e punto".

Comentarios