Extinguidos os lumes de Vilariño de Conso e Riós

Ambos os incendios forestais arrasaron máis de 120 hectáreas -protexidas, ademais, pola Rede Natura-, no primeiro caso, e 5, no segundo
Restos tras el incendio ourensano
photo_camera Restos tras el incendio ourensano

O incendio forestal declarado de madrugada no municipio de Vilariño de Conso, en Ourense, quedou finalmente extinguido esta tarde tras calcinar unhas 120 hectáreas de monte raso, situadas en Rede Natura, informou Medio Rural.

O incendio iniciouse ás 23:49 horas deste martes na parroquia de Chaguazoso e quedou finalmente extinguido ás 19:42 horas deste mércores.

Segundo estimacións provisionais facilitadas pola Consellería de Medio Rural, a superficie afectada neste incendio é de ao redor de 120 hectáreas de monte raso, todas elas en Rede Natura.

Nos traballos de control do incendio participaron seis axentes forestais, 21 brigadas, unha motobomba, cinco helicópteros e un avión.

OUTRO LUME EN RIÓS. Ademais, outro incendio afectou a 5,25 hectáreas no termo municipal tamén ourensán de Riós.

Este lume, que se iniciou ás 14:57 horas, quedou extinguido ás 19:35 horas, e participaron na súa extinción tres axentes, cinco brigadas, tres motobombas, catro helicópteros e dous avións.

Comentarios