Controlados todos os focos excepto un no lume que arrasa cunhas 100 hectáreas en Valdeorras

O incendio declarouse o venres na parroquia de Soutadoiro, en Carballeda
Uno de los focos activos
photo_camera Uno de los focos activos

Todos os focos, fóra dun, que está estabilizado, foron controlados no incendio que desde o venres arrasou cunhas 100 hectáreas en Carballeda de Valdeorras.

O lume afecta á parroquia de Soutadoiro e iniciouse ás 10.20 horas do venres. Ten varios focos, que en conxunto queimaron 100 hectáreas. Este sábado de madrugada déronse por controlado todos menos un, que está estabilizado, segundo informa Medio Rural.


Nos traballos de control participan un técnico, catro axentes, sete brigadas, unha motobomba e catro helicópteros.

A Consellería do Medio Rural recorda que permanecen prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais ata novo aviso. Así mesmo, está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

Comentarios