Achan o corpo dunha persoa flotando no río Umia en Caldas de Reis

A pesar dos intentos de reanimación, os servizos sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa

Zona del río Umia en la que apareció flotando el cuerpo. PROTECCIÓN CIVIL DE CALDAS
photo_camera Zona del río Umia en la que apareció flotando el cuerpo. PROTECCIÓN CIVIL DE CALDAS

O corpo dunha persoa flotando no Río Umia, na localidade pontevedresa de Caldas de Reis, foi localizado na mañá deste mércores.

Segundo informou o 112 Galicia, sobre as 12.30 horas deste mércores un particular informou do incidente e asegurou que acababa de ver a unha persoa flotando no río.

Por iso, unha patrulla da Policía Local que, neses momentos se atopaba pola zona, confirmou ao persoal do 112 que a persoa xa a tiñan fóra da auga e que a estaban tratando de reanimar.

Persoal do 112 puxo os feitos en coñecemento do persoal sanitario e da Garda Civil. Do mesmo xeito, informaron aos Bombeiros do Salnés, GES de Valga e Protección Civil da localidade.

Finalmente, os servizos sanitarios, a pesar dos intentos de reanimación, confirmaron o falecemento da persoa.