Achan o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil en Vigo

Unha das principais hipóteses coas que se traballa é que a muller decidise sacarse a vida voluntariamente

Vista general de la playa de Samil. EFE/Salvador Sas
photo_camera Vista xeral da praia de Samil. EFE/Salvador Sas
O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking próximo á praia de Samil de Vigo Segundo fontes coñecedoras da investigación consultadas por Europa Press, foi na mañá deste martes cando un viandante alertou ás autoridades da presenza desta muller no vehículo. 

Ao parecer, xa este luns o informante a vira no mesmo lugar, polo que este martes decidiu dar a chamada de alarma.  Con todo, as mesmas fontes indicaron que, por agora, non se atoparon signos de violencia no corpo, explicando que unha das principais hipóteses coas que se traballa é que a muller decidise sacarse a vida voluntariamente.

Comentarios