As análises confirman a presenza de ADN masculino nas uñas de Déborah

A súa familia pedirá que se amplíe a proba para buscar "marcadores xenéticos"
Concentración celebrada el pasado mes de diciembre en Vigo para pedir justicia para Déborah. SALVADOR SAS (EFE)
photo_camera Concentración celebrada el pasado mes de diciembre en Vigo para pedir justicia para Déborah. SALVADOR SAS (EFE)

Os resultados do Instituto Nacional de Toxicoloxía tras as análises de mostras recollidas ao cadáver de Déborah Fernández-Cervera confirmaron a presenza de ADN masculino nunha das súas uñas. 

Así o confirmou a familia da moza, que apareceu morta nunha cuneta do Rosal en maio de 2002, uns días logo de desaparecer cando facía deporte preto da súa casa en Vigo. 

A familia tamén avanzou que solicitará a ampliación desta proba pericial para "intentar determinar os marcadores xenéticos achados". 

Por outra banda, con respecto ao xeito achado tras a exhumación do corpo da moza, os estudos de toxicoloxía determinaron que se trata dunha fibra de PVDC, material empregado para o envasado de alimentos, entre outros usos. "O que demostra unha vez máis a neglixencia da autopsia inicial", lamentou a familia. 

Así mesmo, confirmaron que, na inspección dun vehículo que pertenceu ao exnovio de Déborah, realizada o pasado mes de setembro, foron achadas "gran cantidade de mostras biolóxicas humanas e de animais", o que "choca frontalmente" cos resultados da inspección de 2010, na que non se atopou "absolutamente nada" porque se fixo "unha limpeza exhaustiva" dese coche. 

Finalmente, tamén recordaron que outra das probas, a análise do computador de Déborah, puxo de manifesto que o disco duro do aparello foi "manipulado", aínda que a familia segue pendente do informe definitivo respecto diso, que os peritos presentarán en próximas datas.

COMPARECENCIA DO ÚNICO INVESTIGADO. Os resultados do Instituto Nacional de Toxicoloxía déronse a coñecer en vésperas da declaración do único investigado pola desaparición e morte da moza viguesa, a súa exparella, que comparecerá este venres no xulgado de instrución número 2 de Tui. 

A citación como investigado de quen a policía chegou a apuntar como principal sospeitoso prodúcese ás portas de que o caso prescribise (en maio deste ano), aínda que esa citación paralizou os prazos. 

Este home foi citado inicialmente para o 21 de febreiro, despois de que a Audiencia Provincial de Pontevedra estimase un recurso da familia de Déborah contra a negativa do xulgado de instrución a chamalo a declarar. Finalmente, a petición do propio letrado do investigado, a súa comparecencia quedou posposta para este 11 de marzo cando, por primeira vez, esta persoa comparecerá ante un tribunal en relación con este crime.

CASE 20 AÑOS DESDE A APARICIÓN DO CADÁVER. Déborah Fernández-Cervera desapareceu en 2002, cando tiña 21 anos de idade, logo de saír da súa casa para facer deporte. O seu cadáver foi localizado dez días despois, rodeado de pistas falsas, nunha cuneta do Rosal, e nunca houbo ninguén detido nin formalmente investigado, ata agora, por este crime. 

O caso arquivouse pero, a finais de 2019, foi reaberto e fixéronse varias dilixencias periciais e declaracións de testemuñas. Ademais, en maio de 2021 se exhumó o cadáver da moza para facerlle probas de ADN. 

Nos últimos meses tamén se examinou o coche do principal sospeitoso e diferentes pertenzas do mesmo. Así, entre outros achados, foron localizadas unhas fibras baixo as uñas da moza que coincidían coa tea dunha manta que pertenceu ao sospeitoso (aínda que eran unhas fibras moi comúns e o achado non se considerou determinante), e as análises da empresa Lazarus levaron á conclusión de que o computador de Déborah fora manipulado. 
 

Comentarios