martes. 25.02.2020 |
El tiempo
martes. 25.02.2020
El tiempo

Tres feridos en sendos accidentes laborais en Aranga, Mos e Bergondo

Oficinas do 112. ARQUIVO
Oficinas do 112. ARQUIVO
Tres feridos en sendos accidentes laborais en Aranga, Mos e Bergondo

Un operario quedou atrapado pola caída dunha parede mentres desmontaba un local de oficinas en Bergondo. O 112 Galicia solicitou a intervención dos Bombeiros de Betanzos que o liberaron e foi inmediatamente evacuado en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.

A caída dun tabique cando traballaba nas instalacións situadas na parroquia de Lubre, concretamente no Polígono Industrial de Bergondo provoucoulle feridas de diversas consideracións. Alí acudiron os servizos de urxencias en canto o 112 Galicia recibiu a chamada de alerta dunha persoa particular este mediodía.

Á súa vez, en Mos, un operario resultou ferido logo de ser alcanzado por un camión no Polígono Industrial de Veigadaña. Unha vez chegado o servizo médico foi evacuado de urxencia ao Hospital Álvaro Cunqueiro, despois de que un particular alertase ao 112 Galicia pouco antes das nove da mañá.

Os profesionais de urxencia activaron o protocolo natural levado a cabo por Urxencias Sanitarias Galicia-061 e os membros do servizo local de urxencias. A pesar de ser evacuado de urxencia, o operario non corre ningún perigo.

Un home resultou ferido de diversa consideración ao caer dun tractor en Aranga

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron este martes a un home que sufriu diversas lesións ao caer do tractor que manexaba en Aranga.

Segundo o 112 Galicia, o ferido presentaba varios golpes no corpo provocados pola caída, por iso, foi evacuado en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.

Ademais, ante a posibilidade de que o ferido estivese atrapado polo vehículo, desde o Centro Integrado de Atención ás Urxencias de Galicia, pediuse a colaboración dos Bombeiros de Betanzos, que descartaron intervir ao comprobar que o condutor estaba liberado e accesible. 

Tres feridos en sendos accidentes laborais en Aranga, Mos e Bergondo