A Xunta confirma o concerto de Muse en Vigo despois de que Caballero evitase velo na Coruña

Abel Caballero en el césped de Balaídos. EFE
photo_camera Abel Caballero en el césped de Balaídos. EFE

"Vigo terá o concerto de Muse", así de tallante se expresou onte a delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández Tapias, despois de que o alcalde da cidade anunciase que cedería o estadio municipal de Balaídos para o evento, alegando que non permitiría "que o levasen á Coruña". 

Fernández Tapias sinalou que en próximos días se anunciará a data, á vez que lamentou que o rexedor, Abel Caballero, estivese "mentindo durante días". "Toda esta polémica podería evitarse se o alcalde actuase de forma cabal, como o resto de alcaldes dos outros 312 concellos de Galicia, e ofrecese o seu apoio desde o primeiro momento", censurou a delegada. 

Segundo apuntou, Abel Caballero aceptou ceder o estadio, aínda sen ter unha solicitude da Xunta para o concerto, porque "se viu acurralado na súa estratexia, nesa forma nefasta de facer política, de enfrontarse á Xunta única e exclusivamente para sacar réditos políticos e atacar ás persoas". 

Tamén se referiu a esta polémica o presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo. Ao ser preguntado sobre a oferta do alcalde de ceder o estadio, Feijóo lamentou que "o que ocorre co Xacobeo en Vigo é un constante boicot". 

Lembrou que o goberno da cidade olívica "prohibiu" a sinalización do Camiño de Santiago no seu termo municipal. Con todo, saudou que o rexedor "rectifique" sobre o concerto de Muse e acceda a ceder Balaídos. "Parece ser que a cidade non entende estas actitudes e lévao a unha rectificación explícita", engadiu.

Comentarios