Abanca inicia o proceso de integración con Banco Etcheverría

A entidade Abanca aprobou hoxe o proxecto de integración entre esta empresa e o Banco Etcheverría coa incorporación como conselleiros independentes de José Ramón Rodrigo Zarza e José García Montalvo.

O acordo permite iniciar o proceso de fusión que se prevé culmine en decembro deste ano coa integración tecnolóxica e a entidade resultante da fusión terá o seu domicilio social en Betanzos.

O proxecto debe superar diversos trámites burocráticos e contar coas autorizacións do Banco de España e o Ministerio de Economía y Competitividad mentres os activos e pasivos de Banco Etcheverría serán transmitidos en bloque ao patrimonio de Abanca.

Coa incorporación de José Ramón Rodrigo Zarza e José García Montalvo, a entidade pecha a composición do seu Consello de Administración que está composto de nove persoas e outros dous que non son conselleiros.

O Consello tamén acordou a designación dos membros das distintas comisións: Comisión Delegada de Créditos, Comité de Auditoría e Cumprimento, Comisión de Nomeamentos e Retribucións e Comisión de Risco Integral.

Comentarios