A Xustiza toma medidas cautelares para impedir a venda Pazo de Meirás

O Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña ordenou como medida cautelar que conste no rexistro da propiedade que o Pazo de Meirás está inmerso nunha causa xudicial

pazo
photo_camera Pazo de Meirás. CABALAR (EFE)

O pasado 12 de xullo, a Avogacía do Estado formalizou unha demanda para reclamar á familia Franco a devolución do Pazo de Meirás. Ese mesmo día, o xulgado instrutor acordou a adopción das medidas cautelares solicitadas que se refiren, en concreto, "anotación preventiva da demanda no rexistro da propiedade", segundo indican fontes xudiciais.

Esa medida prodúcese por mor da demanda xudicial contra a familia Franco presentada polo Goberno central para reclamar a devolución do Pazo de Meirás. O escrito reclama a propiedade do inmoble para o Estado pola súa forma de adquisición, a súa administración mediante fondos e persoal públicos, e o uso que se lle deu durante a ditadura franquista.

A familia Franco había posto á venda o Pazo de Meirás a través dunha inmobiliaria cántabra, na que se ofertaba o histórico inmoble localizado no municipio de Sada, que foi utilizado como residencia de verán por Francisco Franco, por unha cantidade de oito millóns de euros, a mesma cifra que se pedía no primeiro anuncio que se publicou uns meses antes.

DENUNCIA. A denuncia contra os herdeiros do ditador basea a súa argumentación en e feito de que a compra do inmoble por parte do ditador en 1941 foi "simulada e fraudulenta", explicou o Ministerio de Xustiza. O estudo xurídico realizado a Avogacía do Estado sacou á luz un documento que demostra que Francisco Franco "falseou o título co que inscribiu o Pazo ao seu nome no Rexistro da Propiedade", tal e como informou o Ministerio de Xustiza.

O 3 de agosto de 1938 outorgouse a escritura de compravenda entre a entón propietaria do Pazo de Meirás, Manuela Esteban Collantes (viúva do fillo de Emilia Pardo Bazán), e o 'Xunta prol Pazo do Caudillo', por un prezo de 406.346 pesetas. Esta escritura, descoñecida ata o momento, foi localizada pola Avogacía do Estado no curso os seus traballos. "O financiamento da compra expúxose inicialmente a través dunha subscrición popular, pero, ao non dar esta o resultado esperado, iniciouse un proceso de recadación forzosa que incluíu a detracción de nóminas de traballadores e funcionarios, así como a achega de fondos das administracións locais", defenderon. 

SIMULACIÓN DE COMPRA. Aínda que desde a venda ao 'Xunta prol Pazo do Caudillo' o inmoble xa se usaba como residencia estival oficial de Franco, o 24 de maio de 1941 outórgase unha segunda escritura pública "na que se presuntamente simúlase a venda do Pazo" por parte de Manuela Esteban Collantes -que tres anos atrás vendeullo á Xunta- a favor de Francisco Franco, por un suposto prezo de 85.000 pesetas. 

"Con esta escritura como título, Franco inscribiu ao seu nome o Pazo de Meirás no Rexistro da Propiedade. Esta inscrición, derivada dunha compravenda ficticia, é a que permitiu que, ao falecemento de Franco, a súa viúva fixese unha doazón do Pazo de Meirás á súa filla, Carmen Franco, de quen pasou á súa vez, aos seus fillos e herdeiros", defende o Goberno. 

O PPDEG, "satisfeito" coa medida
O portavoz do PPDEG no Parlamento de Galicia, Pedro Puy, mostrouse este luns "satisfeito" pola presentación da demanda. "Parécenos moi relevante que a demanda se axuste a criterios xurídicos, segundo a argumentación que coñecemos polos medios, e que se defenda o patrimonio público cos instrumentos do Estado de Dereito", afirmou Puy, nunha rolda de prensa ofrecida no Parlamento de Galicia.

Comentarios