A peaxe da AP-9 subirá un 2% para "compensar" a Audasa polas obras de Rande

Fomento traballa para actualizar as tarifas da Autoestrada do Atlántico ►Losada responsabiliza o anterior Goberno de Rajoy do incremento de prezos

Puente de Rande. RAFA FARIÑA
photo_camera Ponte de Rande. RAFA FARIÑA

O secretario xeral de Infraestruturas do Goberno central, Javier Izquierdo, anunciou este mércores que o Ministerio de Fomento está a traballar para actualizar as tarifas da principal autoestrada galega, a AP-9, como consecuencia do desembolso que levou a cabo a concesionaria Audasa para ampliar a ponte de Rande, que une os municipios de Redondela e Moaña, na ría de Vigo. O incremento será do 2%.

Izquierdo indicou que o Goberno se viu obrigado a continuar coa "tramitación dun expediente que vén lanzado desde a etapa do anterior Goberno do PP" . Con esa recadación preténdese "compensar" á concesionaria polo custo das obras de Rande, pero tamén da circunvalación de Santiago. 

En xaneiro, a peaxe da Autoestrada do Atlántico xa se encarecera nun 1,9%.

Izquierdo afirmou que o Goberno prevé terminar de tramitar un real decreto cunha fiscalización de Intervención Xeral da Administración do Estado e que, unha vez publicado, faranse efectivas as novas tarifas da AP-9. 

Pola súa banda, o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, responsabilizou tamén ao Executivo anterior liderado por Mariano Rajoy da subida das peaxes na principal autoestrada galega, a AP-9. "Había moito papel, moitas palabras pero pouco feitos que agora se están levando á práctica", apuntou Losada, quen insistiu na necesidade de arranxar "temas que quedaron sobre a mesa".

Comentarios