A DXT advirte de doce puntos conflitivos nas estradas de Lugo na ponte da Constitución

Tráfico non descarta que haxa que usar cadeas nalgúns portos da provincia ► Meteogalicia prevé que poida nevar o domingo
Helada al lado de una carretera en Teiguín, Samos. ANA CASANOVA
photo_camera Xeada á beira dunha estrada en Teiguín, Samos. ANA CASANOVA

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) prevé uns 635.000 desprazamentos na rede viaria de Galicia durante a operación especial con motivo da ponte da Constitución-Inmaculada que comeza este xoves. 

En concreto, segundo informou a DXT, o noroeste peninsular, onde se sitúa Galicia, rexistrará un 10 por cento dos 6.350.000 movementos previstos entre este xoves, día 5, e o 9 de decembro nas estradas españolas. 

No caso concreto da comunidade galega, o operativo especial desenvolverase entre as 15,00 horas deste xoves día 5 e as 24,00 horas do domingo 8 de decembro. 

As estradas con maior intensidade de tráfico nesta operación especial de tráfico na Comunidade galega corresponderanse coa autoestrada AP-9; as autovías A-6, A-52 e A-55; e as vías N-550 e N-634.

PUNTOS CONFLITIVOS, Ademais, Tráfico advirte dunha trintena de puntos conflitivos nas catro provincias galegas, ben por circulación ou por condicións meteorolóxicas adversas, como posible néboa, neve ou xeo. 

En concreto, na provincia de A Coruña avisa dunha ducia de puntos conflitivos nas entradas das cidades da Coruña e Santiago, así como noutras vías como a AP-9 e a A-6. 

Mentres, na provincia de Lugo sinala máis dunha ducia de puntos conflitivos por posible neve ou xeo localizados na A-8, AG-64, N-VIN, N-120, N-540. N-634, N-640 e unhas seis estradas provinciais. 

Tamén na provincia de strong<> Lugo advirte a DXT da posible necesidade de strong <>usar cadeas nos altos da Gañidoira, O Acebo, O Poio, O Faro e A Fontaneira. Segundo Meteogalicia, non está previsto que neve xoves, venres e sábado, aínda que si podería facelo o domingo.

Na provincia de Ourense apunta catro puntos conflitivos por circulación e outros tantos pola posible presenza de xeo, néboa ou neve, como no Alto do Rodicio e de Viero. 

Finalmente, na provincia de Pontevedra advirte de senllos puntos conflitivos por circulación no enlace da A-52 coa A-55 no Porriño e na A-55 na entrada a Vigo.

Comentarios