Os 62 Mercadona de Galicia colaboran na Recogida Primavera para bancos de alimentos

Os catro bancos de alimentos provinciais da Fesbal recibirán as doazóns dos clientes dos establecementos
Imagen de promoción de la recogida de alimentos de Mercadona. MERCADONA
photo_camera Imagen de promoción de la recogida de alimentos de Mercadona. MERCADONA

Os 62 supermercados Mercadona de Galicia súmanse Recogida Primavera organizada pola Federación Española de Bancos de Alimentos (Fesbal), do 24 de maio ao 2 de xuño.

As doazóns recadadas irán destinadas aos catro bancos de alimentos provinciais galegos pertencentes á Fesbal: Banco de Alimentos Rías Altas na Coruña, Fundación Provincial Banco de Alimentos Vigo en Pontevedra, Banco de Alimentos de Lugo e Banco de Alimentos de Ourense.

As cantidades doadas transformaranse integramente nos alimentos e produtos que os bancos de alimentos participantes necesiten, nas cantidades oportunas e no momento que os necesiten. "Deste xeito, a doazón en caixa permite cubrir de forma máis eficiente as necesidades reais dos usuarios finais", destaca Laura Cruz, directora de Acción Social da cadea de supermercados. 

En 2023, Mercadona ampliou a súa rede de colaboración con entidades sociais, sumando 215 novas de diversas zonas xeográficas, tanto en España como en Portugal en 2023. Ao peche do pasado exercicio colaboraba xa con 762 entidades sociais, o que se traduciu na entrega de 23.100 toneladas de produtos no conxunto do ano que equivalen a máis de 380.000 carros da compra. 

No caso de Galicia, a compañía doou o ano pasado 1.472 toneladas de alimentos de primeira necesidade ás 41 entidades sociais coas que colaboraba, cifra que equivale a 24.500 carros da compra. 

Comentarios