Os 42 casos de covid nas residencias de Galicia concéntranse en catro centros

A Coviastec de Silleda mantense como a máis afectada da comunidade, con 33 infeccións
Residencia de Silleda. DP
photo_camera Residencia de Silleda. DP
Os casos activos de covid-19 nas residencias de maiores de Galicia mantéñense sen cambios en 42, tras un positivo nun traballador e un alta dun usuario, dos que 39 corresponden a usuarios e tres a persoal. Todos eles concéntranse en catro centros.

Segundo os datos actualizados este xoves polas consellerías de Política Social e Sanidade, rexistrouse un positivo nun traballador da residencia Coviastec de Silleda, cun brote con máis dunha trintena de casos, e sae da lista un usuario da Santa Mariña de Xinzo de Limia que superou o virus.

Por iso, a residencia Coviastec de Silleda mantense como o centro con máis casos activos entre usuarios, cun brote de 33 positivos; mentres que o da Residencia Santa Mariña de Xinzo de Limia baixa a catro casos; e con dous segue a DomusVi Laraxe de Cabanas.

Pola súa banda, os traballadores contaxiados destas instalacións increméntanse a tres, un na Residencia de Maiores de Caranza e dous na Coviastec de Silleda.

En canto aos centros de discapacidade seguen sen presentar ningún caso entre os seus usuarios nin entre os seus traballadores.

Comentarios