Tres anos de prisión a un home por traficar con drogas no cárcere de Teixeiro

Atopáronlle tres envoltorios con heroína e cocaína, así como un anaco de resina de cannabis
Centro penitenciario de Teixeiro. EP
photo_camera Centro penitenciario de Teixeiro. EP

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña condenou a tres anos de cárcere a un acusado de traficar con drogas no centro penal de Teixeiro, onde estaba ingresado. 

Segundo recóllese na sentenza, os feitos ocorreron o 21 de xaneiro de 2020 cando, tras unha comunicación familiar, ao acusado atopáronselle tres envoltorios con heroína e cocaína, así como un anaco de resina de cannabis

A Audiencia Provincial da Coruña condenou a tres anos de cárcere a un acusado de traficar con drogas

Así, foi sorprendido con algo máis de dous gramos de heroína e un pouco máis de medio gramo de cocaína, mentres que o anaco de haxix tiña un peso duns 11 gramos, todo iso destinado venda a terceiros na propia prisión. 

Por estes feitos, o tribunal considérao autor dun delito contra a saúde pública por tráfico de drogas, e impúxolle 3 anos e un día de cárcere, así como o pago dunha multa de 307,41 euros.

Comentarios