miércoles. 11.12.2019 |
El tiempo
miércoles. 11.12.2019
El tiempo

112 operarios e 64 quitaneves garantirán este inverno a seguridade nas estradas de Lugo

Quitaneves en Pedrafita. EP
Quitaneves en Pedrafita. EP
O presidente da Deputación recorda que "a rede viaria provincial é a máis extensa de España, con 4.200 quilómetros de estradas"

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, presentou este martes en Pedrafita do Cebreiro o Plan de Viabilidade Invernal despregado para esta tempada, no que participarán 112 operarios e 64 máquinas quitaneves.

Durante a presentación, José Tomé resaltou a importancia de contar cun protocolo destas características para "facerlle fronte coa maior rapidez e eficacia posible aos incidentes que se poidan producir na rede viaria provincial" durante o inverno, tratando de garantir "a comodidade e seguridade dos usuarios fronte a episodios de meteoroloxía adversa".

O titular da administración provincial detallou que, xunto cos recursos propios da Deputación, no Plan de Viabilidade Invernal traballarán 7 empresas cunha "ampla experiencia na resolución de incidentes viarios causados pola neve e o xeo". En concreto, Tomei Roca explicou que o dispositivo está composto por 112 operarios e 64 máquinas, ademais de 12 silos distribuídos por toda a provincia con 420 toneladas de sal de mina.

O Plan Invernal divídese en 8 zonas, todas dotadas con medios suficientes para facer fronte "coas maiores garantías posibles" ás urxencias que poidan xurdir. "A rede viaria provincial é a máis extensa de España, con 4.200 quilómetros de estradas e, deles, a metade están situados a máis de 600 metros de altitude sobre o nivel do mar, co que iso supón de maior incidencia das inclemencias meteorolóxicas", dixo o presidente.

Durante a tempada pasada, o operativo realizou máis de 600 intervencións, tanto preventivas como paliativas, o que supón un aumento do 600% con respecto á tempada anterior. 

112 operarios e 64 quitaneves garantirán este inverno a seguridade...
Comentarios