lunes. 24.01.2022 |
El tiempo
lunes. 24.01.2022
El tiempo

O 061 replica á CIG que o novo concurso de ambulancias "creará novos postos de traballo"

Una de las ambulancias que sufrieron desperfectos. FEGAM
Unha das ambulancias durante a folga. FEGAM

O sindicalista da central nacionalista Xabier Aboi denunciou que as bases "non van resolver a situación de colapso que se produce nas principais cidades da comarca de Pontevedra e do Salnés"

O 061 replicou ás críticas da CIG sobre o novo concurso de ambulancias ao asegurar que este creará "novos postos de traballo para a atención ás urxencias e urxencias extrahospitalarias e interhospitalarias na comunidade nas especialidades de médicos, enfermeiros e técnicos en transporte sanitario urxente". 

Pola súa banda, o sindicalista da central nacionalista Xabier Aboi denunciou que as bases "non van resolver a situación de colapso que se produce nas principais cidades da comarca de Pontevedra e do Salnés". 

Respecto diso, no caso de Pontevedra, o 061 asegura que se aumentan os recursos da rede de transporte sanitario urxente", cunha nova ambulancia de soporte vital avanzado medicalizada con base na comarca do Salnés e con outra de soporte vital avanzado de enfermería con base na cidade de Pontevedra. 

Engade que "segundo mostran os últimos estudos realizados" na comarca do Salnés e na cidade de Pontevedra a cobertura sanitaria da atención ás urxencias e urxencias extrahospitalarias atópase "garantida cos recursos asistenciais que Urxencias Sanitarias de Galicia-061 vén mantendo ata a actualidade". 

"Todos os recursos contemplados no novo contrato cumpren coas esixencias do decreto nacional e o autonómico", segundo conclúen as fontes do 061. 

O 061 replica á CIG que o novo concurso de ambulancias "creará...
comentarios