lunes. 24.01.2022 |
El tiempo
lunes. 24.01.2022
El tiempo

Este é o perfil do condutor que dá positivo en alcol en Galicia

Un control de alcoholemia de la Guardia Civil de Tráfico. AEP
Un control de alcoholemia de la Guardia Civil de Tráfico. AEP
Este luns iníciase en Galicia unha campaña especial de Tráfico que se prolongará ata o domingo

O perfil do condutor que dá positivo en alcol nas estradas galegas segue sendo o de home con idades entre 45 a 54 anos, e no que respecta a drogas, o cannabis (THC) e a cocaína son as dúas sustancias atopadas con máis frecuencia nos controis que se realizan aos condutores, segundo informa a Delegación do Goberno nun comunicado.

Entre xaneiro e novembro deste ano, a Garda Civil de Tráfico efectuou nas estradas galegas 26.454 controis de alcol e drogas, nos cales se rexistraron 9.300 positivos en alcol e 6.307 positivos por consumo de drogas.

Este luns iníciase en Galicia unha campaña especial de Tráfico co obxectivo de diminuír o consumo de alcol e drogas ao volante. Ata este próximo domingo, día 12, os axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil intensificarán os controis de alcoholemia e presenza de drogas nas estradas galegas.

Nesta iniciativa, a DXT fomenta ademais a colaboración cos concellos das catro provincias para realizar probas en zonas urbanas, con especial incidencia nas zonas de maior afluencia.

Desde a Delegación do Goberno recórdase que o alcol é un factor concorrente ou determinante nun terzo dos accidentes mortais de circulación, e que a súa presenza na condución, dependendo da súa taxa, multiplica entre 2 e 15 veces o risco de sufrir un accidente, ademais de ser un factor agravante das súas consecuencias.

O 49 % dos 591 condutores falecidos durante o ano pasado en España en accidentes de tráfico e sometidos a autopsia consumira alcol, drogas e/ou psicofármacos, unha porcentaxe superior ao do ano anterior 2019.

Igualmente, informa a Delegación do Goberno, en 2020 produciuse un incremento dos peóns falecidos por atropelo en accidentes de tráfico con resultados positivos a alcol, drogas e/ou psicofármacos respecto de 2019. Dos 136 peóns falecidos por atropelo en accidente de tráfico e sometidos a autopsia, 56 (41,2 %) deron resultados positivos.

Na mesma campaña realizada en decembro do ano pasado realizáronse en Galicia 16.156 probas de alcoholemia, das que 305 deron positivo. O 1,88 % destas probas foron de resultado positivo, unha porcentaxe significativamente superior ao do ano anterior. En canto ás probas de drogas, realizáronse 356, das que 165 resultaron positivas (46,3 %).

Este é o perfil do condutor que dá positivo en alcol en Galicia
comentarios