Terra Chá volve a Preferente

CHA1405P10F3.JPG
photo_camera CHA1405P10F3.JPG

Practicamente ninguén imaxinara alá polo mes de agosto que no de maio o CD Castro estaría de celebración, aínda que moitos preguntarían onde había que asinar para que se cumprise ese feito. Despois de que na tempada pasada o conxunto chairego pasase apuros para salvar a categoría en Primeira Autonómica e que a pretemporada fose máis curta do habitual por problemas para confeccionar o persoal, resultaba case inimaxinable que o Castro puidese conseguir o ascenso a Preferente.

Con todo, os retos están para conseguilos e, aínda que non era un obxectivo fixado a principio de tempada, moitos consideraban que o club non estaba na categoría que se merecía e soñábase co regreso a Preferente. O arranque ligueiro foi moito mellor do previsto e xogadores, corpo técnico, directivos, afeccionados....todos empezaron a soñar.

E o soño fíxose realidade este fin de semana, ao certificarse o ascenso a unha categoría que o Castro abandonou fai dúas campañas logo de realizar unha gran competición ligueira, na que conseguiu 20 vitorias e oito empates e só sufriu seis derrotas.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios