O soño repítese

CHA1405P12F1.JPG
photo_camera CHA1405P12F1.JPG

O Santaballés revalidou o seu título de campión da Primeira División da liga provincial de fútbol veterano a falta de dúas xornadas para o final da competición. Tras liderar a clasificación durante toda a tempada, o conxunto vilalbés asegurouse o ansiado título por segundo ano consecutivo.

Os branquiazuis xa sabían de antemán que un punto lles resultaba suficiente para asegurarse o primeiro posto, pero é que ademais o seu inmediato perseguidor, o Rábade, achandoulles o camiño empatando o sábado (1-1) contra o Sancovade.

O Santaballés xogaba o domingo sabendo este resultado, polo que a súa viaxe a Sarria foi algo máis relaxado do habitual e alí os dous conxuntos asinaron un empate sen goles que deixou aos vilalbeses con 57 puntos, oito máis que o Rábade cando quedan seis por disputarse.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios