O Memorial Rodrigo Maseda reunirá unhas 600 promesas

O torneo de fútbol sala de base que organiza Imdecum para honrar o policía burelense falecido no ano 2012 contará con máis de 50 equipos entre prebenxamíns e xuvenís. O campionato foi presentado o xoves no Thalasso Las Sirenas
Responsables políticos, organizadores, colaboradores y la madre del homenajeado, en el Thalasso Las Sirenas.
photo_camera Responsables políticos, organizadores, colaboradores y la madre del homenajeado, en el Thalasso Las Sirenas.

Unhas 600 promesas do fútbol sala pertencentes a máis de 50 equipos honrarán o recordo de Rodrigo Maseda na cuarta edición do memorial que leva o nome do policía burelense falecido na praia coruñesa de Orzán, no ano 2012. A presentación do torneo tivo lugar o xoves no Thalasso Cantábrico Las Sirenas, de Viveiro, coa presenza da nai do homenaxeado, Isabel Lozano; o alcalde de Burela, Alfredo Llano; os concelleiros de Burela, Ramiro Fernández; Viveiro, Emilio Villarmea; de Xove, Cristina Iglesias, e de Cervo, José Ramón Soto; o presidente do Burela FS Pescados Rubén, Manuel Blanco; o delegado de Participación Cidadá da Policía Nacional de Viveiro, Pablo Rodríguez, e o presidente da fundacion orgnizadora do evento, Imdecum, Marcelino Lúa.

Isabel Lozano. Nai do homenaxeado. ''Rodrigo era un gran amante do deporte e un relacións públicas da Mariña; estaría orgulloso de que leve o seu nome''

Os equipos participantes na cita que se celebrará entre o 2 e o 5 de xullo chegarán desde diferentes puntos da xeografía nacional, con representación de Galicia, Asturias, Madrid, Castela A Mancha e Castela León.

A presenza mariñá corresponderá ao Burela FS Pescados Rubén, ACD Xove, SD Xove FS, AD Praia de Covas, ADC Los Hornos Superti, AD Santiago de Foz, AFD Porto de Burela e A Mariña FS. Desde outros puntos de Galicia chegarán o Celanova ourensán; o pontevedrés ED Vigo 2015; o betanceiro Troula; a Unión Fene ferrolán. O Siero FS será o único representante de Asturias, mentres que o Brihuega chega desde terras alcarreñas. Madrid contará coa presenza do habitual Boadilla, un dominador das últimas edicións do torneo, e a grella de equipos completarase co CD Tenro Galván, outro equipo que repite, e que chega desde Valladolid.

Marcelino Luna. Presidente de Imdecum. ''Agradecemos a colaboración de todos e ao xerente de Las Sirenas por ceder as instalacións''

As dúas primeiras xornadas servirán para disputar todos os partidos da primeira fase nas categorías, que terán lugar nos pavillóns burelenses da Vista Alegre y Monte Castelo, o focense de Marzán; A Veiga, en San Cibrao, Viveiro e Xove. O sábado tamén haberá un clínic e un partido das estrelas para pechar a xornada, mentres que o domingo disputaranse as finais e coñeceranse aos campións, con partidos en Burela.

Todos os representantes municipais coincidiron en felicitar a Imdecum polo crecemento da cita deportiva e reafirmaron o seu apoio, destacando tamén o compoñente turístico, con máis de 1.000 persoas visitando a comarca. Isabel Lozano, pola súa banda, asegurou que o seu fillo estaría ''orgulloso'' de que este torneo leve o seu nome.

Máis en Fútbol Sala
Comentarios