sábado. 19.09.2020 |
El tiempo
sábado. 19.09.2020
El tiempo

Nin nos mellores soños

MAR2901P9F11.JPG
MAR2901P9F11.JPG

O Burela FSF Pescados Rubén viviu a xornada soñada na Primeira División feminina. O cadro laranxa impúxose por 4-1 ao perigoso Orvina e viu como o seu gran rival na loita polo título, o Navalcarnero, caía de forma sorprendente na pista do Viaxes Amarelle coruñés, por 2-1. Estes dous resultados permiten ao equipo de Pardeiro cazar ás madrileñas no alto da táboa e facerse co liderado debido ao seu mellor golaverage xeral.

Ambas as escuadras suman 35 puntos, dous máis que o Valladolid FSF, que se impuxo por un axustado 2-1 ao Cidade das Burgas, e mantense moi vivo na loita pola primeira praza. As burelenses terán agora unha pedra de toque moi dura coa visita á cancha do Gironella, unha das máis complicadas de toda a Primeira División. Tampouco o Navalcarnero terá un encontro cómodo, xa que recibe ao Móstoles, un equipo co que mantén unha gran rivalidade nas últimas tempadas, aínda que non vive o seu mellor momento.

Consiga AQUÍ a información completa

Nin nos mellores soños
comentarios