Os dous equipos chairegos logran a vitoria esta xornada

A duodécima xornada da liga autonómica de fútbol sala trouxo consigo dúas vitorias por parte dos dous equipos chairegos que militan nela. O Concello de Guitiriz-Autocares Muíños continúa así no máis alto da clasificación, como líder en solitario con dous puntos de vantaxe sobre o segundo clasificado.

O conxunto guitiricense venceu cun claro (4-9) na súa visita ao Baralla, mentres que a Discoteca Troco Vilalba FS logrou a súa quinta vitoria da tempada a costa do pechacancelas da categoría, o Os Meigallos, ao que venceu (2-0).

Na próxima xornada ambos os equipos terán uns difíciles enfrontamentos. O Guitiriz enfróntase en casa ao seu inmediato perseguidor, o Ventorrillo Sidiplus, que ocupa o segundo posto con 28 puntos, fronte aos 30 dos chairegos. Os vilalbeses pola súa banda terán derbi provincial, xa que visitan ao Casás de Lugo.

Cadete

O EDM Concello de Guitiriz viu aprazado este fin de semana o seu partido contra o Barval FS na liga autonómica cadete. Na siguietne xornada, recibe ao pechacancelas, o ADFS Bueu. Os chairegos son penúltimos con dous puntos de vantaxe sobre o seu próximo rival pontevedrés.

Máis en Fútbol Sala
Comentarios