Homenaxe con miras ao futuro

Equipo cadete del Burela FS.  ama
photo_camera Equipo cadete del Burela FS. ama

Máis de trinta equipos comezarán hoxe o torneo de fútbol sala de base Imdecum 2014 Memorial Rodrigo Maseda Lozano, que converterá A Mariña no centro de atención deportiva para todos os afeccionados a este Deporte. Os pavillóns burelenses da Vista Alegre e o Monte Castelo, o focense de Marzán, o sancibrense da Veiga e o Municipal de Xove acollerán máis de setenta encontros das categorías de  benxamíns, alevíns, infantís, cadetes e xuvenís desde hoxe ata o domingo. O torneo serve tamén como recordo e homenaxe para o policía burelense falecido no 2012 na Coruña ao intentar axudar a dúas persoas que se estaban afogando.

Os clubs participantes chegan desde diferentes puntos da comarca, pero tamén hai representación de Asturias e da comunidade madrileña, que incluso presenta dous clubs, o Tierno Galván e o Las Rozas Boadillas.

Consiga AQUÍ a información completa

Máis en Fútbol Sala
Comentarios