O Trabada vence nun duelo parello

4

concello de trabada

 

2

cerdedo

 

Concello de Trabada: Maelo, Borja, Quelle, Bruno de Nois, Mario -quinteto inicial-, Vijande, Adrián, Víctor Meitín e Pulido.

Cerdedo Pastelería Mimela: Mavicho, Álex, Rafita, Fosi, Sesar -quinteto inicial-, Pablo, Baquel, Doser, Rebo e César.

Goles: Adrián (2), Borja e Víctor Meitín marcaron para o Trabada; e Baquel e Rafita fixérono para o Cerdedo.

Incidencias: Encontro disputado no Pavillón Municipal de Trabada ante a presenza de escasos afeccionados.

O Concello de Trabada impúxose por 4-2 ao Cerdedo. Os mariñáns tiveron que empregarse a fondo para levar os tres puntos ante un rival moi combativo.

O Trabada apropiouse da posesión ante un Cerdedo ordenado en defensa e que xeraba perigo ao contragolpe. Ao descanso, os de Andrés López gañaban pola mínima (2-1).

Na continuación mantívose o mesmo guion que no primeiro acto, e o Trabada sentenciaba con dous goles máis (4-1). O Cerdedo reduciu as distancias coa táctica de porteiro-xogador.

Máis en Fútbol Sala
Comentarios