O O Esteo logra as primeiras vitorias nun triangular

O O Esteo FS das Pontes logrou este fin de semana as súas primeiras vitorias da pretemporada ao gañar por (1-0) os dous partidos que disputou no triangular celebrado en Tapia (Asturias), o que lle permitiu adxudicarse o torneo.

Os ponteses venceron pola mínima ante o Conxelados Egea FS de Tapia e O Rei Silo de Pravia, grazas aos goles de Rubi e Franin. Por parte do O Esteo, xogaron neste triangular Iván, Gerve, Gerardo, Noe, Rubi, Chavo,Franin, Pellón, Diego Pellón, Pelu e Niceto.

O equipo das Pontes iniciará este sábado a súa andaina unha tempada máis por Terceira División -anteriormente coñecida como Primeira Nacional B-. O O Esteo arrincará a competición ligueira como local ante o Concello de Trabada. O encontro será ás 17.30 horas no pavillón municipal.

Vilalba

A Discoteca Troco Vilalba FS continúa coa súa preparación antes da primeira xornada da liga autonómica o 1 de outubro. Os chairegos perderon (2-1) no amigable contra o Pub Flanagans Xove FS. Hoxe xogarán outro partido de pretemporada, ante o Ribeira de Piquín, ás 21.00 horas no pavillón vilalbés.

Máis en Fútbol Sala
Comentarios