miércoles. 26.01.2022 |
El tiempo
miércoles. 26.01.2022
El tiempo

Boa xornada para os xuvenís nas ligas autonómicas

A segunda volta nas tres competicións das ligas autonómicas de fútbol iniciouse o sábado con dúas vitorias e un empate. Na liga Nacional, o Calasancio xuvenil impúxose pola mínima ao Arousa e alcanza o décimo posto coa posibilidade de volver mañá a puntuar en Carballo ante o pechacancelas Bergantiños.

Tamén pola mínima, vitoria do Chantada xuvenil na liga Galega logo de imporse ao Santa Mariña e recuperar o oitavo posto. O seu próximo rival será mañá o Valladares.

Con empate finalizou o partido da liga Galega de fútbol cadete que enfrontou en Monforte ao Calasancio ante o líder Celta B, nun encontro no que os monfortinos mereceron a vitoria. Mañá son favoritos para gañar en Redondela e seguir cuartos.

Finalizou a primeira fase da liga Galega de fútbol infantil na que está inmerso o Calasancio, que a partir do día 4 de febreiro competirá na segunda fase.

En Ourense, boa xornada para o Calasancio, con sete vitorias, un empate e unha derrota. Na liga Infantil, o equipo do Chantada atópase entre os primeiros clasificados.

Boa xornada para os xuvenís nas ligas autonómicas
comentarios