Lezkano: "Xogamos con medo a facer as cousas"

O adestrador do conxunto celeste lamentou a derrota, pero recalcou que o máis importante é gañar os partidos no Pazo

Natxo Lezkano. MEDIA CENTER ACB
photo_camera Natxo Lezkano. MEDIA CENTER ACB

O técnico dos Cafés Candeas Breogán, Natxo Lezkano, comentou tras o partido deste sábado que os fallos en ataque foron definitivos á hora de non poder meterse no duelo e que condicionaron o apartado defensivo.

"Dominou o Burgos desde o principio. Estivemos faltos de intensidade, con medo a facer as cousas, un paso sempre por detrás deles. Fallamos tiros abertos e viñémonos abaixo. Non podemos permitir que o noso ataque condicione á nosa defensa", comentou Lezkano.

"Él sentía que podía xogar, aproveitamos a inercia do quecemento para que entrase, pero non se sentiu cómodo e non quixemos forzar", comentou Lezkano sobre a presenza de inicio de Alec Brown, que soamente estivo cinco minutos sobre a pista.

O adestrador do conxunto celeste lamentou a derrota, pero recalcou que o máis importante é gañar os partidos no Pazo. "Todos os partidos son importantísimos, e abrigo os que xogamos en casa. Temos que ir gañar todos, pero os que xogamos en casa son obrigatorios", indicou.

DIEGO EPIFANIO. O técnico do San Pablo Burgos, Diego Epifanio, mostrouse satisfeito co xogo do seu equipo e encomiou á afección burgalesa presente no Coliséum. "A afección demostrou hoxe que está cento por cento co equipo e que, ademais, é moi solidaria, había moito rosa no pavillón. Sobre o partido creo que entramos ben, quizais erros puntuais obrigáronnos a non ter unha renda maior. Creo que temos moito marxe de mellora", comentou Epifanio.

O técnico burgalés tamén encomiou ao Breogán e destacou que ten un gran persoal e un gran adestrador. "Cando vexo o persoal do equipo de Lugo non vexo moitas debilidades, vexo grandes xogadores e vexo un gran adestrador enfronte. Cónstame que tiveron moitos lesionados, pero cando os recupere será un equipo que dará moita guerra e que llo porá moi difícil a moitos equipos", finalizou o técnico.

Comentarios