Yolanda Díaz defende que Inditex "é un exemplo" para outras empresas

A compañía textil descartou executar un Erte neste mes de abril
Yolanda Díaz. EFE
photo_camera Yolanda Díaz. EFE

A ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, celebrou a decisión de Inditex de descartar un Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) para os seus traballadores este mes de abril, describindo á compañía como "un exemplo" para o resto de empresas do país.

En declaracións a RNE recollidas por Europa Press, Díaz, unha das ministras de Unidas Podemos no Goberno de coalición de Pedro Sánchez, destacou que é "moi importante" que a empresa fundada por Amancio Ortega "dixera que hai moitas formas de facer as cousas".

Neste sentido, sinalou que é "saudable" a decisión tomada por Inditex de seguir sufragando o salario dos seus traballadores con recursos públicos, a pesar de que todas as súas tendas se atopen pechadas polo estado de alarma.

De feito, Díaz aplaudiu a decisión do xigante téxtil xa que, pola contra, suporía unha gran utilización de recursos públicos para pagar a prestación por desemprego dos 50.000 traballadores cos que a empresa conta en España.

A ministra lembrou que non só é galega, do mesmo xeito que Inditex, senón que tamén é consumidora dos produtos de Zara, e asegurou que unha "gran empresa" como esta "pode aguantar moito máis". 

Comentarios