Imputan a Aguirre e Cifuentes na Púnica polo financiamento do PP madrileño

Terán que comparecer como investigadas na Audiencia Nacional
Cifuentes y Aguirre. ARCHIVO
photo_camera Cifuentes e Aguirre. ARQUIVO

O xuíz do caso Púnica, Manuel García Castellón, citou como investigadas en outubro ás expresidentas madrileñas Esperanza Aguirre e Cristina Cifuentes pola peza sobre o presunto financiamento ilegal do PP de Madrid, así como a Ignacio González e varios exconselleiros madrileños.

Nunha providencia, á que tivo acceso Efe, o xuíz citou a decenas de persoas como testemuñas e imputados por esta peza de Púnica entre o 9 de setembro e o 19 de outubro aceptando así as peticións que lle fixo a Fiscalía Anticorrupción.

Concretamente emprazou a Cifuentes o día 1 de outubro e a Aguirre o día 18 do mesmo mes para que comparezan na Audiencia Nacional en calidade de investigadas.

Cita a outros novos imputados nesta peza como o tamén expresidente rexional Ignacio González (citado o 17), os exconselleiros madrileños Juan José Güemes e Manuel Lamela (o día 14) e Borja Sarasola (o día 1 xunto con Cifuentes).

Na peza número 9 investígase o posible financiamento irregular de campañas do PP madrileño con diñeiro de empresas que resultaban adxudicatarias de contratos públicos como Indra (imputada tamén xunto ao seu expresidente Javier Monzón e que terán que declarar o día 4) ou mediante a fundación Fundescam, entre outros mecanismos.

Comentarios