Vox pide a destitución e reprobación no Congreso de Yolanda Díaz por "falsear" o seu currículo

A ministra galega non asistiu á sesión de control pero a formación ultradereitista preguntaralle polo tema á volta do verán
Yolanda Díaz, ministra de Trabajo. FERNANDO VILLAR (EFE)
photo_camera Yolanda Díaz, ministra de Traballo. FERNANDO VILLAR (EFE)

Vox rexistrou este martes unha petición de reprobación da vicepresidenta terceira do Goberno, Yolanda Díaz, por "falsear" o seu currículo para incluír "tres másteres fake", polo que considera ademais que debe ser sancionada e destituída do Executivo. 

A secretaria xeral de Vox no Congreso, Macarena Olona, anunciou que a súa formación pide a reprobación e apertura de procedemento sancionador contra Díaz tras coñecer as correccións realizadas polo Palacio da Moncloa nos títulos da ministra que figuraban na súa páxina web. 

Vox quere que a "ministra comunista" sexa reprobada no Parlamento, sancionada en virtude da Lei do alto cargo e "destituída de inmediato". "Non é honorable", reprochou Olona na súa conta de Twitter. 

Yolanda Díaz comunicou que non asistiu á sesión de control ao Goberno deste mércores no Congreso, pero Olona xa avisou de que lle preguntarán polo tema á volta do verán. "Non nos coñece. En setembro esperámola cos seus masters fake", avisou. 

Comentarios