Vox abre unha crise inédita en Baleares coa expulsión do presidente do Parlament

Le Senne mostrou a súa "tristeza" pola súa expulsión do grupo parlamentario e negou con firmeza que sexa pola política lingüística. Asegurou este luns que a razón de que o "boten" cinco dos seus propios compañeiros é "por seguir as directrices" da direción nacional do partido
EuropaPress_5724401_preside
photo_camera O presidente do Parlament balear, Gabriel Le Senne, ofrece declaracións ós medios tras unha rolda de prensa. ISAAC BUJ

O portavoz do PSIB no Parlament, Iago Negueruela, tachou de "crise institucional sen precedentes" a situación política en Baleares tras a decisión do Grupo Parlamentario Vox de expulsar á presidenta do partido, Patricia Das Heras, e ao presidente do Parlament, Gabriel Le Senne, responsabilizando deste contexto á presidenta do Govern, Marga Prohens. 

Esta petición de expulsión levouse a cabo despois de que, a pasada semana, Das Heras reclamase, a través dunha nota de prensa, o fin da inmersión lingüística, criticando que se mantivese activa seis meses logo das eleccións e co proxecto estrela da Oficina Lingüística aparcado. A pesar disto Le Senne negou con firmeza que sexa pola política lingüística.

O presidente do Parlament Balear mostrou a súa "tristeza" pola súa expulsión do grupo de Vox e asegurou este luns que a razón de que lle boten" do grupo parlamentario de Vox cinco dos seus propios compañeiros é "por seguir as directrices" da dirección nacional do partido. Recoñeceu que desde hai tempo existían diferenzas no seo do grupo parlamentario e que el sempre intentou "acougar os ánimos", pero finalmente resultou "imposible". Le Senne deixará o cargo o mércores e xa confirmou a súa intención de seguir como deputado.

Á crisis institucional -o Parlament debe agora elexir un novo presidente- súmase a política porque o Govern balear de Marga Prohens (PP) dispón de 25 deputados e precisa de cinco máis para chegar á maioría absoluta que posibilite sacar adiante as súas iniciativas políticas.

Le Senne e Das Heras serán a partir de agora deputados non adscritos e os outros cinco representantes de Vox "secuestrarán" o grupo de Vox porque a dirección nacional do partido decidiu expulsarlles, sinalou o aínda presidente da cámara.

"Isto é o que pasa cando non queres gobernar", dixo o portavoz do PSIB Iago Negueruela este luns en rolda de prensa, opinando que "Baleares non merece o comportamento que ten a presidenta Prohens". 

"É Prohens quen ten que porse á fronte das institucións. Isto é o que pasa cando non queres gobernar, ten un problema importante democrático de porse á fronte", insistiu Negueruela, quen cuestionou quen é agora o socio de Prohens. 

"Un Congreso dos Deputados que da solucións á cidadanía e, en cambio, vemos como en Baleares é todo o contrario e agora hai unha crise institucional moi grave cuxas dúbidas xurídicas iránse resolvendo"

Negueruela cuestionou quen é agora o socio do Govern e pediu, respecto diso, unha resposta "clara" á presidenta do Executivo autonómico, porque "isto non é serio". "Con quen ten asinados os acordos de goberno, con Vox ou co grupo parlamentario de Vox que agora non se sabe se son de Vox?", finalizou o socialista. 

Posteriormente, como reacción a estas expulsións do grupo parlamentario Vox, a dirección nacional do partido expresou o seu respaldo aos dous dirixentes apartados e anunciou que proporá a expulsión dos outros cinco deputados autonómicos que intentaron botalos "unilateralmente". 

Le Senne deixou claro que en ningún caso falará mal dos seus compañeiros de partido, aínda que subliñou que os cidadáns, con ocasión das pasadas eleccións autonómicas, depositaron a súa confianza en Vox e non nos integrantes das listas.

Esta situación supón un "golpe" para o partido en Baleares, recoñeceu Le Senne, que confía en que a crise se reconduza como no seu día se solucionou a do partido en Murcia.

O vindeiro mércores Le Senne presidirá a reunión da Mesa do Parlament que tramitará o escrito do grupo parlamentario Vox e que supón a súa inmediata destitución.

Comentarios