O BNG votará si á investidura de Pedro Sánchez

A portavoz do Bloque viaxa a Madrid para pechar o acordo. "Galicia non vai permitir quedar atrás nos recoñecementos que consigan Euskadi ou Cataluña", di Pontón
Adriana Lastra y Ana Pontón muestran el acuerdo suscrito este viernes. EFE
photo_camera Executiva do BNG, con Néstor Rego por vídeoconferencia. PEPE FERRÍN

O BNG permitirá co voto do seu deputado no Congreso a investidura do socialista Pedro Sánchez e, atendendo ao apuntado por fontes das dúas formacións, decantouse polo si, en virtude dun acordo que asinará co PSOE na tarde deste venres. O voto de Néstor Rego era clave despois de que o Partido Rexionalista de Cantabria cambiase o seu este xoves, polo seu desacordo co pacto PSOE-ERC.

Sánchez terá así o vindeiro martes, cando se celebre a segunda votación —na primeira, prevista para o domingo, sería necesaria unha maioría absoluta que non ten—, máis votos a favor que en contra e será elixido por maioría simple. Co apoio do BNG, a socialista conta con 167 apoios atados e 164 en contra. 

O deputado do Bloque e a portavoz dos nacionalistas galegos, Ana Pontón, teñen previsto comparecer ante os medios a última hora da tarde deste venres no Congreso dos Deputados. Nunha rolda de prensa unhas horas antes en Santiago, Pontón dixo que había avances nas conversacións cos socialistas, aínda que faltaban "flocos aínda por perfilar".

"Nós imos traballar para conseguir actuar con responsabilidade nun momento importante, pero tamén é evidente que Galicia ten que estar presente", dixo a nacionalista. 

Comentarios