Vinte feridos ao saír voando inchables infantís nunha feira en Alacante

Unha vintena de persoas resultaron feridas, a maioría nenos e polo menos catro de carácter grave, ao saír voando, por un forte refacho de vento, unhas instalacións inchables colocadas con motivo dunha concentración de vehículos antigos, celebrada hoxe en Alacante.

Segundo informaron fontes da policía local e os bombeiros, o accidente produciuse esta mañá na Esplanada, na zona coñecida como mercadillo de Teulada, onde a fogueira La Cerámica organizara hoxe unha exhibición de coches clásicos e históricos.

Como complemento, instaláronse unha zona infantil con instalacións para que os máis pequenos puidesen saltar, pero un forte refacho de vento levantou do chan a cinco destes inchables que saíron voando.

Entre a vintena de feridos, a maioría de carácter leve, figuran numerosos nenos e polo menos hai catro con prognóstico grave, que foron trasladados en ambulancia a centros hospitalarios, segundo as mesmas fontes

Comentarios