Urkullu solicita a Sánchez que declare o estado de alarma en Euskadi

"Dada a situación" sanitaria e co "desexo" de actuar coa "maior celeridade posible para intentar preservar a saúde de toda a cidadanía", o lehendakari trasladou a súa petición ao Goberno
El lehendakari Íñigo Urkullu. EUROPA PRESS
photo_camera O lehendakari Íñigo Urkullu. EUROPA PRESS


O lehendakari, Iñigo Urkullu, solicitou ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, que declare o estado de alarma no País Vasco.
 
Nunha conversación telefónica con Sánchez, o lehendakari trasladoulle a necesidade do estado de alarma "dada a situación" sanitaria e co desexo de actuar coa "maior celeridade posible para intentar preservar a saúde de toda a cidadanía", segundo informaron fontes da Presidencia Vasca. 

Urkullu fixo esta petición despois de que onte o Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco non avalase unha das medidas recollidas na orde ditada pola consellería vasca de Saúde que prohibía reunións de máis de seis persoas no ámbito privado e público, ao entender que infrinxía un dereito fundamental e que a comunidade autónoma non está facultada para iso, senón o Estado. 

Comentarios