Unha nena de 11 anos morre afogada nunha piscina

Unha nena de 11 anos morreu afogada na piscina dunha casa da Pobla de Vallbona, un municipio duns 15.000 habitantes situado na comarca do Camp do Turia, no interior da provincia de Valencia..

Segundo informaron fontes do Consorcio Provincial de Bombeiros, o suceso ocorreu ao redor das 17.30 horas nunha vivenda situada no número 15 da rúa Xaloc, na urbanización Maravisa.

Segundo as primeiras investigacións, un tubo de succión do sistema de depuración da piscina atrapou unha man da nena, que se atopaba inconsciente cando a nai se deu conta do accidente.

Os bombeiros realizaron os primeiros auxilios e sacaron á nena da piscina, onde foi atendida polos servizos médicos de urxencia, que realizaron exercicios de reanimación durante 45 minutos pero non lograron salvar a vida da pequena.

Comentarios