Unha muller marroquí cruza a fronteira para dar a luz aos seus catro nenos en España

Unha muller marroquí ha dado a luz cuatrillizos no Hospital Universitario de Ceuta, logo de cruzar a fronteira para ter aos seus bebés na cidade, tendo que ser  posteriormente evacuada ata Málaga.

Segundo informou o Instituto Nacional de Xestión Sanitaria (INGESA), o alumeamento produciuse despois de que a muller optase por dar a luz no territorio español debido ás mellores prestacións sanitarias.

A muller, de 25 anos, estaba de 32 semanas –oito meses– e foi necesario practicarlle unha cesárea, no que foi o primeiro parto da muller.

Os bebés pesaron 1,935 quilos (nena), 1,800 quilos (nena), 1,875 quilos (neno) e 1,810 (nena).

Tanto a nai como os cuatrillizos tiveron que ser evacuados ata o Hospital Materno de Málaga como consecuencia do seu baixo peso e para un mellor control sanitario.

Comentarios