Rexistrado un terremoto de magnitude 3,2 no Bierzo

Nos últimos días houbo tremores en Triacastela, Muxía e Oroso
En rojo, el lugar en el que tuvo el epicentro el terremoto de El Bierzo. IGN
photo_camera En rojo, el lugar en el que tuvo el epicentro el terremoto de El Bierzo. IGN

Un terremoto de magnitude 3,2 foi rexistrado en Berlanga del Bierzo, preto de Ponferrada, sobre as 19.26 horas de onte, segundo os datos recollidos polo Instituto Xeográfico Nacional (IGN).

Varios medios que se fixeron eco desta noticia, como El Confidencial ou El Bierzo Noticias, reflectiron que o epicentro do tremor, que afectou á provincia de León, localizouse a 4 quilómetros de Toreno e rexistrouse a quilómetros de profundidade.

Por este motivo soamente poderían percibilo en concellos como Cubillos del Sil, Congosto e Sancedo, xa que o terremoto tivo unha intensidade moi baixa.

Ditos medios tamén informaron de que, por fortuna, non se recibiu ningún aviso ou urxencia relacionada co mesmo. O deste mércores é o primeiro terremoto que se rexistra na zona do Bierzo durante o último mes.

Tremores en Triacastela, Muxía e Oroso

O pasado día 3 rexistrouse un pequeno sismo de magnitude 2 en Triacastela e un día despois houbo outro de 3,1 en Muxía. A última semana de novembro tamén deixou un tremor de 3.3 preto de Santiago de Compostela.