Twitter suspende a conta de Vox por incitación "ao odio"

A formación de extrema dereita defende que podería deberse a "presións" do Goberno de coalición
Abascal. EFE
photo_camera Abascal. EFE

O vicesecretario de Comunicación de Vox, Manuel Mariscal, denunciou este mércores que Twitter suspendeu a conta oficial do partido co argumento de que contén mensaxes que incitan ao "odio", aínda que, segundo a súa versión, podería deberse a "presións" do Gobierno de coalición.

Segundo explicou Mariscal en varias mensaxes nesta mesma rede social, a suspensión da conta ten orixe nun intercambio de mensaxes que se produciu o pasado sábado entre Vox e a portavoz do PSOE, Adriana Lastra.

Nunha mensaxe, Lastra acusou a Vox de "retrógrado" por defender o control parental nos colexios, ao que o partido de Santiago Abascal respondeu asegurando que o que non soporta Vox é que con diñeiro público se promova a "pederastia", en referencia ao programa Skolae en Navarra, onde Goberna o PSOE.

Por mor desta última mensaxe, Twitter comunicou este martes a Vox que non poderían publicar máis mensaxes alegando "incitación ao odio", aínda que lle deu a opción de borrar o tuit polémico, algo ao que a formación se negou.

"Non o faremos. Somos un partido legalmente constituído, somos terceira forza política en España, representamos a máis de 3,6 millóns de votantes e, como nós, miles de cidadáns españois están a sufrir a censura en Twitter e noutras redes sociais. E dicimos, 'Basta'", afirmou Mariscal, que se pregunta se Twitter sufriu "presións" do Goberno. 

Comentarios